Antecedentes:
Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia, mediante o Acordo do 17 de abril de 2020 (DOG núm. 99, do 25 de maio), aprobou de maneira definitiva o Proxecto sectorial de ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico (en diante, PTL) de Vigo. A aprobación deste instrumento urbanístico leva implícita a declaración da utilidade pública e o interese social das obras, instalacións e servizos, a prevalencia dos intereses públicos do proxecto sectorial, así como a necesidade de ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a súa execución, tal como establecen o artigo 85 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 42 do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.
Segundo. O día 20 de maio de 2021 o Consorcio Zona Franca de Vigo (en diante, ZFV) presenta para a súa oportuna tramitación o Proxecto de expropiación de bens e dereitos afectados pola ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, redactado pola empresa Calixto Escariz, S.L.U. ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), por ser o órgano competente para a súa tramitación nese momento.
Terceiro. En virtude da Resolución do 18 de agosto de 2022, o director xeral do IGVS acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do PTL de Vigo, e sometelo a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia núm. 52, do 15 de marzo de 2023.
Cuarto. A taxación dos bens e dereitos que se precisan ocupar neste expediente notificóuselles individualmente aos que aparecen como os seus respectivos titulares e aos titulares catastrais das parcelas afectadas, mediante traslado literal da citada Resolución do 18 de agosto de 2022 e da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que puidesen formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de recepción da referida notificación, tal e como se sinala no artigo 118.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Igualmente, deuse audiencia ao concello de Vigo e notificóuselles ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda en Pontevedra.
A dita resolución publicouse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado núm. 40, do 15 de febreiro de 2025, para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Quinto. Ademais, o expediente estivo exposto ao dispor das persoas interesadas polo prazo dun mes no Concello de Vigo, nas oficinas da Área Provincial do IGVS en Pontevedra e na páxina web do IGVS, http://igvs.xunta.gal/. Publicouse un anuncio nun xornal dos de maior circulación na provincia (anuncio publicado no Faro de Vigo do día 18 de setembro de 2024).
Sexto. Elaborouse un informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas, así como as preceptivas follas de prezo xusto definitivas, e o Consorcio Zona Franca de Vigo presentou, no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, en calidade de beneficiario da expropiación, o proxecto de expropiación redactado pola empresa Calixto Escariz, S.L.U. para proceder á aprobación definitiva.
Sétimo. O expediente foi trasladado á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial por ser, actualmente, o órgano competente para a súa tramitación. De acordo co artigo 20, alínea d), do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, correspóndelle á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamento, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial. En consecuencia, todas as referencias ao IGVS como órgano expropiante agora deben entenderse feitas á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
Oitavo. O proxecto para aprobación definitiva foi asinado polo representante da Administración e polo perito da Administración.
Con data do 14 de marzo de 2025 a xefa do Servizo de Planificación e Ordenación de Solo Empresarial emite informe proposta de resolución de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do PTL de Vigo.
Consideracións legais:
Primeira. O procedemento do expediente expropiatorio iníciase en virtude da aprobación definitiva do Proxecto sectorial de ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo. A aprobación deste instrumento urbanístico leva implícita, ademais, a declaración de prevalencia dos intereses públicos do proxecto sectorial, así como a necesidade de ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a súa execución de conformidade co artigo 117.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 290.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, en que establecen que a expropiación se aplicará por polígonos completos e abarcará todos os bens e dereitos neles incluídos.
Segunda. De acordo co artigo 20, alínea g), do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, correspóndelle á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamento, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial.
Terceira. O artigo 118.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, establece que «emitido informe sobre as alegacións, someterase o expediente á aprobación do órgano municipal ou autonómico que sexa competente. Enténdese que o órgano autonómico competente será a persoa titular da consellaría expropiante».
De acordo coa Orde do 4 de novembro de 2024 (DOG núm. 217, do 11 de novembro), sobre delegacións de competencias en diversos órganos da Consellería de Economía e Industria, establécese no seu artigo 11, Delegacións singulares: «2. Delégase na persoa titular da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial o exercicio das facultades que, en materia de expropiación forzosa e dentro do seu ámbito competencial, o ordenamento atribúe á persoa titular da consellería expropiatoria, con especial referencia á aprobación dos expedientes expropiatorios correspondentes a proxectos de interese autonómico para parques empresariais».
Cuarta. Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, está regulada na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, así como na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.
Quinta. O expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta e de acordo co disposto nos artigos 117 e 118 da Lei 2/2016; no artigo 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 7/2015, e no artigo 290 e seguintes do Decreto 143/2016.
Sexta. Para os efectos de fixación do prezo xusto, o seu pagamento ás persoas propietarias e a ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, de acordo coa normativa previamente citada. Este proxecto de expropiación tramítase polo procedemento de taxación conxunta e ten por obxecto a expropiación por parte da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial dos bens e dereitos necesarios para a execución do Proxecto sectorial de ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, e o Consorcio Zona Franca de Vigo ten a condición de beneficiario da expropiación.
De conformidade co disposto no número 10 do artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.
Sétima. O expediente tramitado reúne a documentación relacionada no artigo 118.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Di así o citado artigo:
«1. Nos supostos do procedemento de taxación conxunta, o expediente conterá os seguintes documentos:
a) Delimitación do ámbito territorial, cos documentos que o identifiquen en canto a situación, superficie e lindeiros, coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación das persoas titulares.
b) Fixación de prezos, coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.
c) Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, nas que se conterá non só o valor do solo, senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.
d) Follas de prezo xusto que correspondan a outras indemnizacións.
2. O proxecto de expropiación, cos documentos sinalados, será aprobado inicialmente e exposto ao público polo prazo dun mes, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».
A relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian, figuran no anexo desta resolución.
Polo exposto, de acordo co informe proposta que figura no expediente,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución da ampliación do PTL de Vigo e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.
O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto en vía administrativa.
Segundo. Ordenar a notificación desta resolución, de xeito individualizado, a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran como tales neste expediente de expropiación, ao cal se deberá unir a correspondente folla de prezo xusto definitiva.
Igualmente, deberase notificar esta resolución ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no expediente expropiatorio que se aproba, e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda en Pontevedra, unha vez determinado, con carácter firme, o prezo xusto dos bens e dereitos que se expropian.
Terceiro. Ordenar a publicación desta resolución, así como o seu anexo de relación de bens e dereitos afectados, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo. Así mesmo, publicarase un anuncio no Boletín Oficial del Estado para os efectos de que sirva de notificación aos propietarios descoñecidos e dos cales se ignore o lugar de notificación ou o medio, ou ben, se intentada esta non se puido efectuar, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Cuarto. Durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da recepción da notificación ou, de ser o caso, da data da publicación no Boletín Oficial del Estado, os interesados poderán manifestar, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, a súa desconformidade coa valoración fixada no expediente aprobado, conforme o que dispón o artigo 118.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
A dita desconformidade presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/, que deberá dirixirse á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e claveChave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aqueles suxeitos non obrigados a relacionarse electronicamente coas administracións públicas, conforme o artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderán presentar a súa desconformidade por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025
A conselleira de Economía e Industria
P.D. (Orde do 4.1.2024)
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO
Relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian para a ampliación do PTL de Vigo
|
Núm. de |
Referencia catastral |
Persoas titulares |
Superficie (m2) |
Afección |
|
1102 |
54057A16900575 |
Novoa Salgueiro, Nicanor |
260 |
Total |
|
1104 |
54057A16900577 |
Leiras Fernández, Mónica; Leiras Fernández, Francisco e Leiras Fernández, Vanesa |
154 |
Total |
|
1108 |
54057A16900581 |
Figueroa Davila, Isabel |
145 |
Total |
|
1111 |
54057A16900584 |
Davila Novoa, Carmen |
15 |
Total |
|
1113 |
54057A16900586 |
Barreiro Barros, Gloria |
20 |
Total |
|
1114 |
54057A16900587 |
Barreiro Barros, Guadalupe e Rodríguez Álvarez, Rodolfo |
20 |
Total |
|
1115 |
54057A16900587 |
Correa Barros, Silvino |
55 |
Total |
|
1116 |
54057A16900588 |
Davila Abalde, Concepción |
30 |
Total |
|
1120 |
54057A16900591 |
Abalde Comesaña, Patricia |
115 |
Total |
|
1121 |
54057A16900592 |
Barreiro Abalde, Sara |
236 |
Total |
|
1124 |
54057A16900595 |
Pereira Caetano, Sara e Dos Santos Pereira, Armando (cónxuxes) |
40 |
Total |
|
1127 |
54057A16800259 |
Alonso Novoa, Benigno |
135 |
Total |
|
1132 |
54057A16800281 |
Correa González, Silvino |
652 |
Total |
|
1139 |
54057A16800280 |
Estévez Lago, José Luis |
502 |
Total |
|
1140 |
54057A16800280 |
Estévez Estévez, Purificación |
507 |
Total |
|
1141 |
54057A16800273 |
Correa Barros, Manuela (usuf.); Alonso Correa, José Benito e Alonso Correa, Rafael |
71 |
Total |
|
1142 |
54057A16800275 |
Figueiroa Salgueiro, María Yolanda |
66 |
Total |
|
1143 |
54057A16800276 |
Seijo Abalde, José Benito |
206 |
Total |
|
1145 |
54057A16800269 |
Bastos Román, Pedro |
205 |
Total |
|
1146 |
54057A16800268 |
Fernández Rodríguez, Manuel |
499 |
Total |
|
1147 |
54057A16800266 |
Barreiro Abalde, María |
122 |
Total |
|
1151 |
54057A16909025 |
Concello de Vigo |
2.261 |
Total |
|
1153 |
54057A16800244 |
Muíño |
19 |
Total |
|
1205 |
54057A16900441 |
Comunidade hereditaria Villar Alonso, Alba |
383 |
Total |
|
1206 |
54057A16900442 |
Abalde Novoa, Áurea |
418 |
Total |
|
1207 |
54057A16900443 |
Estévez Estévez, Purificación |
417 |
Total |
|
1208 |
54057A16900446 |
Caride Alonso, Pacita |
651 |
Total |
|
1209 |
54057A16900444 |
Abalde Novoa, María del Carmen |
440 |
Total |
|
1212 |
54057A17100502 |
Abalde Novoa, Áurea |
772 |
Total |
|
1214 |
54057A17100502 |
Alonso Freiría, Roberto |
752 |
Total |
|
1215 |
54057A17100498 |
Abalde Novoa, Áurea |
282 |
Total |
|
1221 |
54057A17100496 |
Fernández Vila, José Carlos; Davila Fernández, Cristina; Fernández Vila, Juan Manuel; Fernández Vila, Emilio e Carpintería Fernández Vila, S.L. |
1.002 |
Total |
|
1301 |
54057A16900447 |
Caridade Abalde, María del Rosario |
152 |
Total |
|
1302 |
54057A16900555 |
Muíño |
220 |
Total |
|
1304 |
54057A16900476 |
Novoa Costas, Soledad |
27 |
Total |
|
1305 |
54057A17000117 |
Comesaña Alonso, María; Comesaña Alonso, Teodoro; Comesaña Alonso, Gabriel e Comesaña Alonso, Anabel |
79 |
Total |
|
1307 |
54057A17000115 |
Álvarez Fernández, Josefa |
132 |
Total |
|
1308 |
54057A17000112 |
Álvarez Vila, Angustias |
132 |
Total |
|
1312 |
54057A17000110 |
Muíño |
232 |
Total |
|
1317 |
54057A17000216 |
Hros. Palmira Vila Nieto |
274 |
Total |
|
1318 |
54057A17000215 |
Bastos Román, Luisa |
198 |
Total |
|
2101 |
54057A16800561 |
Correa Barros, Manuela (usuf.); Alonso Correa, José Benito e Alonso Correa, Rafael |
753 |
Total |
|
2102 |
54057A16800560 |
Fomento |
97 |
Total |
|
2103 |
54057A16800562 |
Leirós Davila, Guadalupe |
213 |
Total |
|
2104 |
54057A16800563 |
Pequeño Vila, Purificación |
290 |
Total |
|
2106 |
54057A16800644 |
Rodríguez Leirós, Carmen |
764 |
Total |
|
2109 |
54057A16800570 |
Comesaña Estévez, Leonor |
440 |
Total |
|
2110 |
54057A16800571 |
Barros Estévez, Juan |
417 |
Total |
|
2111 |
54057A16800572 |
Estévez Casanova, Antonio |
813 |
Total |
|
2112 |
54057A16800573 |
Iglesias Posada, Digna |
989 |
Total |
|
2114 |
54057A16800576 |
Fernández González, Manuel e Rodríguez Collarte, Rosa |
1.313 |
Total |
|
2115 |
54057A16800576 |
Salgueiro Estévez, Olga |
675 |
Total |
|
2117 |
54057A16800607 |
Salgueiro Estévez, Olga |
1.391 |
Total |
|
2122 |
54057A16800614 |
Novoa Salgueiro, Indalecio |
295 |
Total |
|
2123 |
54057A16800615 |
Correa Barros, Manuela (usuf.); Alonso Correa, José Benito e Alonso Correa, Rafael |
662 |
Total |
|
2125 |
54057A16800702 |
Barros Estévez, Juan |
940 |
Total |
|
2130 |
54057A16800621 |
Barros Estévez, Juan |
360 |
Total |
|
2131 |
54057A16800622 |
Alonso Comesaña, Jesús e Costas Costas, Ermita |
594 |
Total |
|
2133 |
54057A16800624 |
Pérez Arca, Leopoldo e Fernández González, María Rosa |
1.029 |
Total |
|
2202 |
54057A17100054 |
Fernández Novoa, Concepción e Novoa Abalde, Beatriz |
524 |
Total |
|
2205 |
54057A17100058 |
Piñeiro Rodríguez, Samuel; Piñeiro Rodríguez, Cándido Alberto e Piñeiro Rodríguez, Alejandra |
546 |
Total |
|
2206 |
54057A17100059 |
Bastero Salgueiro, Ubaldo |
620 |
Total |
|
2207A |
54057A17109001 |
Fomento |
62 |
Total |
|
2210 |
54057A17100063 |
Fomento |
319 |
Total |
|
2210A |
54057A17109001 |
Fomento |
56 |
Total |
|
2212 |
54057A17100111 |
Comesaña Estévez, Leonor |
380 |
Total |
|
2214 |
54057A17100066 |
Barreiro Orge, Consuelo |
388 |
Total |
|
2216 |
54057A17100109 |
Orge Costas, José Manuel |
416 |
Total |
|
2218 |
54057A17100068 |
Estévez Estévez, Mercedes |
254 |
Total |
|
2219 |
54057A17100080 |
Correa Barros, Manuela (usuf.); Alonso Correa, José Benito e Alonso Correa, Rafael |
23 |
Total |
|
2222 |
54057A17100153 |
Barreiro Abalde, María |
276 |
Total |
|
2223 |
54057A17100153 |
Barreiro Abalde, Sara |
332 |
Total |
|
2224 |
54057A17100153 |
Pérez Alonso, Guillermo |
234 |
Total |
|
2225 |
54057A17100153 |
Pérez Vila, José Antonio |
244 |
Total |
|
2226 |
54057A17100153 |
Novoa Salgueiro, Indalecio |
253 |
Total |
|
2227 |
Presa |
10 |
Total |
|
|
2228 |
54057A17100085 |
Herdeiros Domínguez Estévez, Irene (litixiosa) e Leiros Figueroa, Rosario (litixiosa) |
55 |
Total |
|
2228A |
54057A17109001 |
Fomento |
254 |
Total |
|
2229 |
54057A17100103 |
Benavides Vila, Sara |
937 |
Total |
|
2230 |
54057A17100104 |
Iglesias Estévez, Carmen |
1.013 |
Total |
|
2231 |
54057A17100105 |
Leirós Davila, María Enelina |
1.227 |
Total |
|
2232 |
54057A17100106 |
Benavides Vila, Sara |
531 |
Total |
|
2233 |
54057A17100107 |
Fernández Pérez, Fernando; Fernández Pérez, José Manuel; Fernández Pérez, Alejandro e Fernández Feijoo, Manuel (usuf.) |
589 |
Total |
|
2240 |
54057A17100665 |
Patrivican Vigo, S.L. |
392 |
Total |
|
2240ARR |
54057A17100665 |
Talleres Vila Rodríguez, S.L. |
||
|
2242 |
54057A17100664 |
Patrivican Vigo, S.L. |
322 |
Total |
|
2242ARR |
54057A17100664 |
Talleres Vila Rodríguez, S.L. |
||
|
2244 |
54057A17109001 |
Fomento |
3.836 |
Total |
|
2303 |
54057A17100124 |
Alonso Costas, María Isabel |
211 |
Total |
|
2304 |
54057A17100125 |
Román Vila, Nieves e Piñeiro Costas, José |
201 |
Total |
|
2305 |
54057A17100125 |
Davila Abalde, Amparo |
252 |
Total |
|
2309 |
54057A17100131 |
Fernández Alonso, Josefa |
212 |
Total |
|
2316 |
54057A17100284 |
Bastero Salgueiro, Ubaldo |
618 |
Total |
|
2320 |
54057A17100283 |
González Iglesias, Carlos e González Iglesias, Paula |
445 |
Total |
|
2321 |
54057A17100284 |
Materiales Construcción Fernando Alonso, S.L. |
446 |
Total |
|
2323 |
54057A17100667 |
Alonso Vila, José Ángel e Alonso Vila, Fernando |
473 |
Total |
|
2324 |
54057A17100280 |
Peréz Rodríguez, María Cristina |
340 |
Total |
|
2327 |
54057A17100276 |
Vila Cardoso, José Manuel |
358 |
Total |
|
2328 |
54057A17100275 |
Fernández Vila, Dolores |
595 |
Total |
|
2329 |
54057A17100278 |
Comesaña Alonso, María (usuf.) e Alonso Comesaña, Fernando |
641 |
Total |
|
2330 |
54057A17100366 |
Piñeiro Alonso, Elvira |
742 |
Total |
|
2331 |
54057A17100367 |
Abalde Pérez, Manuel |
812 |
Total |
|
2333 |
54057A17100369 |
Gómez Romero, Margarita |
431 |
Total |
|
2401 |
54057A17100371 |
Pérez Nieto, Eduardo |
775 |
Total |
|
2402 |
54057A17100372 |
Comesaña Abalde, Antonio |
124 |
Total |
|
2403 |
54057A17100372 |
Costas Abalde, Mercedes |
108 |
Total |
|
2405 |
54057A17100372 |
Abalde Fernández, Antonio |
121 |
Total |
|
2406 |
54057A17100373 |
Rodríguez Bastos, Engracia |
353 |
Total |
|
2407 |
54057A17100374 |
Vila Barros, Purificación |
311 |
Total |
|
2417 |
54057A17100427 |
Alonso Correa, José Fernando |
460 |
Total |
|
2419 |
54057A17100425 |
Davila Abalde, Concepción |
112 |
Total |
|
2420 |
54057A17100424 |
Vila Vila, Marisol |
506 |
Total |
|
2421 |
54057A17100423 |
Fernández Pérez, Fernando |
487 |
Total |
|
2423 |
54057A17100385 |
Veiga González, Rosa María e Veiga González, Beatriz |
185 |
Total |
|
2424 |
54057A17100386 |
Comesaña Estévez, Leonor e Martínez Comesaña, Yolanda |
169 |
Total |
|
2425 |
54057A17100387 |
Comesaña Estévez, Mercedes |
65 |
Total |
|
2428 |
54057A17100269 |
Da Concepción Barcia, José Manuel |
229 |
Total |
|
2430 |
54057A17100266 |
Rodríguez Novoa, Antonio (litixiosa) e Estévez Costas, Adela (litixiosa) |
105 |
Total |
|
2431 |
54057A17100266 |
Costas Costas, José Luis |
97 |
Total |
|
2432 |
54057A17100267 |
Davila Gallo, Mabel Alejandra |
246 |
Total |
|
2433 |
54057A17100382 |
Hros. José Pequeño Alonso |
352 |
Total |
|
2434 |
54057A17100384 |
Barreiro Orge, Consuelo |
160 |
Total |
|
2436 |
54057A17100271 |
González Iglesias, Carlos e González Iglesias, Paula |
646 |
Total |
|
2440 |
54057A17100273 |
Caride Abalde, María del Rosario |
286 |
Total |
|
2442 |
54057A17100376 |
Fernández Novoa, Concepción e Novoa Abalde, Beatriz |
860 |
Total |
|
2502 |
54057A17100275 |
Rodríguez Estévez, Estafanía |
956 |
Total |
|
2503 |
54057A17100274 |
Veloso Novoa, Emilia |
831 |
Total |
|
2505 |
54057A17100143 |
González Iglesias, Carlos e González Iglesias, Paula |
918 |
Total |
|
2506 |
54057A17100144 |
González Iglesias, Carlos e González Iglesias, Paula |
918 |
Total |
|
2507 |
54057A17100145 |
Villar Estévez, Juan Carlos |
749 |
Total |
|
2508 |
54057A17100146 |
Bastero Campos, Fernando; Bastero Campos, Roberto e Campos Fernández, Josefa (usuf.) |
387 |
Total |
|
2509 |
54057A17100147 |
Correa Barros, Manuela (usuf.); Alonso Correa, José Benito e Alonso Correa, Rafael |
384 |
Total |
|
2511 |
54057A17100149 |
Davila Posada, Carlos Javier |
683 |
Total |
|
2514 |
54057A17100152 |
Vila Cardoso, José Manuel |
995 |
Total |
|
2519 |
54057A17100158 |
Fernández Vila, Concepción |
602 |
Total |
|
2520 |
54057A17100159 |
Pérez Rodríguez, María Cristina |
902 |
Total |
|
2521 |
54057A17100160 |
Pérez Arca, Leopoldo e Fernández González, María Rosa |
716 |
Total |
|
2522A |
54057A17109001 |
Fomento |
142 |
Total |
|
2523A |
54057A17109001 |
Fomento |
57 |
Total |
|
2526 |
54057A17100236 |
Lago Vilas, Dolores |
183 |
Total |
|
2527 |
54057A17100671 |
Nieto Leirós, Eulalia |
259 |
Total |
|
2528 |
54057A17100257 |
Vila Nieto, José |
436 |
Total |
|
2532 |
54057A17100238 |
Piñeiro Alonso, Elvira |
720 |
Total |
|
2533 |
54057A17100239 |
Pérez Vila, Carmen e Fernández Pérez, Rosa |
477 |
Total |
|
2535 |
54057A17100259 |
Comesaña Abalde, María Paz e Costas Rodríguez, Rodrigo |
241 |
Total |
|
2536 |
54057A17100254 |
Costas Comesaña, Eva María |
529 |
Total |
