DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2025 Páx. 18961

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.

ANUNCIO do 20 de marzo de 2025 de corrección de erro do anuncio polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas categorías desta entidade do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Faise constar que, unha vez publicado o anuncio da convocatoria no DOG do 19.3.2025, de concurso-oposición, pola quenda xeral, para 3 prazas de arquitectos/as, 2 de técnico/a xurídico/a e 2 de administrativo/a, así como 1 de arquitecto/a pola quenda de discapacidade, se detectou o seguinte erro, que debe ser corrixido:

Onde di: «O prazo para a presentación de solicitudes rematará transcorridos 20 días hábiles contados desde o día da publicación no DOG».

Debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no DOG».

Polo tanto, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta corrección de erros no DOG.

Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será ás 14.00 horas. Se coincidise en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Así mesmo, faise constar que, unha vez publicadas as bases reguladoras do proceso selectivo, na páxina web www.vivendapublica.gal se detectaron uns erros materiais nelas, que constan corrixidos no documento que se pode descargar na web, con data 20.3.2025.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2025

María Doporto Santos
Xerente da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.