José Manuel Toja Pérez, veciño do lugar do Sexo, concello de Agolada (Pontevedra), actuando como representante da Comunidade de Usuarios de Auga do Sexo, por medio deste anuncio convoco á asemblea xeral todos os usuarios de augas, con fin de constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa. A asemblea terá lugar no local social do Sexo o día 5 de abril, ás 12.00 horas en primeira convocatoria e ás 12.30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Formar unha relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo da vivenda, referencia catastral, sinatura orixinal), constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e domicilio da comunidade.
2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.
3. Designar os membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.
4. Rogos e preguntas.
Agolada, 27 de febreiro de 2025
José Manuel Toja Pérez
Representante da Comunidade de Usuarios de Auga de O Sexo
