DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2025 Páx. 18959

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilardevós

ANUNCIO de declaración da nulidade da Resolución número 116/2022.

O Pleno do Concello de Vilardevós, en sesión ordinaria do 18 de marzo de 2024, adoptou, entre outros, o acordo de declarar a nulidade da Resolución da Alcaldía núm. 116/2022, do Concello de Vilardevós, ditada no expediente de estabilización en virtude da Lei 20/2021, do 28 de decembro, ao recoñecer a condición de fixeza de ambas as prazas (auxiliar administrativo de servizos sociais, e profesor do programa de educador familiar) e non proceder á estabilización. A causa da nulidade é non seguir o procedemento legalmente establecido na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, artigo 471.e) da Lei 39/2015, do 1 de outubro (LPAC), mantendo a validez da aprobación da oferta de emprego público para a estabilización, por ser conforme dereito.

Retrotraer o expediente ao momento das publicacións da aprobación da oferta de emprego público para a estabilización, por ser conforme dereito, e continuar coa tramitación do expediente conforme a disposición adicional sexta e as demais disposicións aplicables da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Declarar a nulidade do Acordo plenario do 2 de xuño de 2022 en canto resulte contrario ao ordenamento xurídico adoptado dentro do procedemento de estabilización.

Notificar aos interesados e publicar un anuncio no BOP e no DOG para público coñecemento.

Vilardevós, 18 de marzo de 2025

Eva María Pérez Gamote
Alcaldesa presidenta