DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2025 Páx. 18958

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual da ordenanza e normativa reguladora dos sistemas xerais de equipamentos públicos.

O Pleno Corporativo do Concello do Porriño, en sesión ordinaria do 24 de febreiro de 2025, ditou o acordo que a seguir se transcribe literalmente:

«1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual da ordenanza e normativa reguladora dos sistemas xerais de equipamentos públicos.

2º. Someter o expediente a información pública e audiencia aos interesados por un prazo de 2 meses mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e nun dos xornais de maior difusión da provincia».

O Porriño, 28 de febreiro de 2025

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde