O alcalde do Concello do Porriño, en execución da sentenza firme número 181/2023, do 27.7.2023, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, mediante o Decreto número 2024-3894, do 17.12.2024,
RESOLVEU:
– Ampliar a oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal do ano 2022, publicada no DOG núm. 100, do 25.5.2022, para incluír a praza de persoal funcionario de técnico da Administración xeral, grupo A1, para prover polo sistema de concurso.
– Reducir a oferta de emprego público do ano 2024, publicada no DOG núm. 115, do 14.6.2024, para suprimir a praza de persoal funcionario de carreira, escala da Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, denominada técnico da Administración xeral.
En consecuencia modifícanse as devanditas ofertas públicas de emprego no seguinte senso:
– Amplíase a oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal do ano 2022, aprobada polo Decreto da Alcaldía do Concello do Porriño número 2024-1689, do 4.6.2024, e publicada no DOG núm. 115, do 14.6.2024, para incluír a praza de persoal funcionario de técnico da Administración xeral, grupo A1, para proveer, polo sistema de concurso, na epígrafe de «prazas de persoal funcionario por cumprir cos requisitos previstos na Lei 20/2021, do 28 de decembro, para ser incluídas no proceso de estabilización de emprego temporal e convocadas polo sistema de concurso», que queda como sigue:
|
Código |
Denominación |
Grupo |
Escala |
Subescala |
Sistema selectivo |
|
01.00.00.02 |
Técnico da Administración xeral |
A1 |
Admón. xeral |
Técnica |
Concurso |
– Redúcese a oferta de emprego público do ano 2024, aprobada polo Decreto da Alcaldía do Concello do Porriño número 2022-1107, do 11.5.2022, e publicada no DOG núm. 100, do 25.5.2022, para suprimir a praza de persoal funcionario de carreira, escala da Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, denominada técnico da Administración xeral, na epígrafe «1. Prazas funcionarios de carreira (quenda libre), escala da Administración xeral», que queda como segue:
|
Grupo |
Subgrupo |
Escala/subescala |
Nº vacantes |
Denominación |
|
C |
C2 |
Administración xeral/auxiliar |
5 |
Auxiliar |
|
AP |
- |
Administración xeral/subalterna |
1 |
Subalterno |
Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o alcalde do Concello do Porriño no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ao abeiro do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
No caso de interpoñer o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, e entón os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte de aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1) e 4) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados xulguen procedente conforme a dereito.
O Porriño, 28 de febreiro de 2025
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde
