DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2025 Páx. 18955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO da convocatoria e das bases xerais e específicas do proceso selectivo de dúas prazas de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público para o ano 2024, unha de auxiliar administrativo por oposición e unha de condutor de camión por concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 38, do 25 de febreiro de 2025, publicáronse as bases que deben rexer na convocatoria para prover as seguintes prazas:

Nº prazas

Grupo

Categoría/praza

Quenda

Sistema acceso

1

Grupo 7

Auxiliar administrativo

Libre

Oposición

1

Grupo 8

Condutor C

Libre

Concurso-oposición

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica e na páxina web do Concello de Arbo.

Horacio Gil Expósito
Alcalde