DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2025 Páx. 19148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas, conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Agricultura y Ganadería Sesto, SAT nº 5583, cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Agricultura y Ganadería Sesto, S.L., segundo o acordo adoptado na asemblea xeral do 29 de agosto de 2024, celebrada ante notario.

b) Casa Sande, SAT nº 1367 Xuga, cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Casa Sande, S.L., segundo o acordo adoptado na asemblea xeral do 31 de setembro de 2023, elevado a público o 26 de febreiro de 2024.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias