DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2025 Páx. 19149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, de notificación da resolución de cambio de titularidade en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de San Tomé (Cartelle-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, núm. 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 14 de marzo de 2025

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

44469897H

Resolución 3.10.2024

San Tomé (Cartelle-Ourense)