DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2025 Páx. 19126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 25 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente 2023/374 ATE).

O 29 de outubro de 2024, o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SEQ805 entre os apoios núm. 81-40-b-1 e núm. 81-40-b-30.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Quiroga, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 6 de setembro de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 10 de setembro de 2024, para que comparezan o día 29 de abril de 2025 no Concello de Quiroga, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Quiroga estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade; poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 25 de febreiro de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Núm.

Titular proposto

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Data actas

Hora

3

Montes de la Herrería de Soldón, C.B

67

158

Tras da Serra

Monte baixo

29.4.2025

10.00 h

3 (1)

Descoñecido

67

19

Cavorcas

Monte alto

11.15 h

3 (2)

Descoñecido

67

18

Travesa

Monte alto

11.15 h

6

Herdeiros de Luis Rodríguez Soto e irmáns

67

16

Cavorcas

Monte alto

10.45 h

9

Montes de la Herrería de Soldón, C.B.

67

302

Cambos

Monte alto

10.00 h

10

Montes de la Herrería de Soldón, C.B.

91

320

Tras da Serra

Monte alto

10.00 h

11

Montes de la Herrería de Soldón, C.B.

91

322

Navaínza

Monte alto

10.00 h

12

Montes de la Herrrería de Soldón, C.B.

67

301

A Fraga

Monte alto

10.00 h