Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, en relación co procedemento ordinario 281/2024, interposto pola entidade con NIF B32206419, contra a resolución desestimatoria ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición do 3.10.2024, interposto contra outra do 27.10.2023 -expediente OUR/19/2020-RP1-, en que se declara que as obras obxecto do expediente, promovidas pola entidade con NIF B32206419, sen contar con título urbanístico habilitante, executadas en solo urbano non consolidado na zona cualificada polo planeamento (PXOM do concello de Ourense) como vías, consistentes na execución dun tramo, duns 12 metros, dun muro de contención de terras e na execución dunha soleira, xunto coas dúas construcións auxiliares que se executaron sobre esta e unha estrutura para lavado de vehículos que se corresponden coa ampliación da estación de servizo e que ocupan as futuras vías previstas no planeamento urbanístico, levadas a cabo na parcela con referencia catastral 3704032NG9930S0001RS, na avenida de Santiago, 132, en Ourense, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e se ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense.
Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázanse a persoa con DNI 34959309E e os herdeiros de Mª del Pilar González para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
