En sesión que tivo lugar o 28 de febreiro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de agosto de 2024 (DOG núm. 166, do 29 de agosto, corrección de erros DOG núm. 190, do 2 de outubro), cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no grupo 1, Dirección do Centro de Documentación e Apoio ao Consello, no Consello Económico e Social, de conformidade co disposto na convocatoria:
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida pola persoa aspirante, de conformidade co disposto na base III.4 da convocatoria. De acordo co disposto na mesma base, contra a baremación provisional as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da dita baremación no DOG.
Segundo. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025
Patricia Roiloa Rodríguez
Presidenta do tribunal
ANEXO I
|
NIF |
Apelidos e nome |
III.2.1.1 Experiencia profesional |
III.2.1.2 Outros méritos |
Puntuación total |
|
***1755** |
Lomba Molinos, Sara |
30 |
7,5 |
37,5 |
