DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2025 Páx. 19165

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2025 pola que se dá publicidade a un encargo de xestión para os exercicios 2025 e 2026 á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a un encargo de xestión, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: realización de diversas actuacións de traballos de apoio e mantemento dos espazos exteriores do Monte Gaias.

Natureza e alcance da xestión: trátase dun encargo a un medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: 21 meses.

Importe: 203.248,61 €.

Tarifas aplicables: réxime de tarifas aprobado o 20 de agosto de 2013, coa excepción dos prezos codificados como: ST.10/ST.08/ST.05/ST.35/ST.36/ST.40/ST.37/ST.48/ST.410/ST.420/ST.21/ST.22/ST.23/ ST.24/ST.11/ST.530/ST.111/ST.110/SP.48/SP.49/SPM.03/SPM.34/SPM.01/SPM.04/SPM.18/SPM.21/SP.48/SPM.25/SP.150/SP.88/SP.90/SP.19/SP.21/SP.27/SP.28/ST.52/ST.53 e SP.67.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2025

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia