No Boletín Oficial da provincia núm. 37, do 24 de febreiro de 2025, e o de corrección de erros no BOP núm. 42, do 3 de marzo de 2025, publícanse integramente a convocatoria e as bases que rexerán a convocatoria da praza de funcionario/a de carreira pertencente ao grupo C, subgrupo C1, encadrada na escala da Administración xeral, subescala de administrativo, baixo a denominación de administrativo.
O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días naturais que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal e como recollen as bases do proceso.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Porto do Son, 4 de marzo de 2025
José Luis Oujo Pouso
Alcalde
