DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2025 Páx. 19162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO referente á convocatoria para cubrir prazas vacantes incluídas na ampliación da oferta de emprego público para o ano 2024.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 41, do venres 28 de febreiro de 2025, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes incluídas na ampliación da oferta de emprego público para o ano 2024.

A Concellaría de Servizos non Territorializados convocou, mediante Resolución do 7 de febreiro de 2025, o proceso selectivo para a cobertura de varias prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na ampliación da oferta de emprego público do ano 2024 que a continuación se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C, subgrupo C1, clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: administrativo/a, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A, subgrupo A2, clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: aparellador/a-arquitecto/a técnico/a, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: A, subgrupo A2, clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: enxeñeiro/a técnico/a industrial, mediante quenda libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado e publicaranse os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 11 de marzo de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira de Servizos non Territorializados