DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2025 Páx. 19221

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 29 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2025.

De conformidade co establecido no artigo 14 da Orde do 29 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2025 e de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación das axudas publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o fomento das razas autóctonas galegas, convocadas para o ano 2025, ás entidades solicitantes que se relacionan no anexo.

Segundo. Informar dos seguintes aspectos:

1. Norma reguladora da convocatoria: Orde do 29 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR536A).

2. Aplicación orzamentaria: 15.04.713C.781.1 e crédito orzamentario: 220.000 €.

A dotación orzamentaria da orde de que derivan estas axudas procede dos orzamentos xerais do Estado (168.605 euros) e dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia (51.395 euros).

3. Finalidade:

– O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.

– A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.

– A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.

– A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

4. Destinatarios: as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran os requisitos.

5. Recursos: contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Entidades beneficiarias e importe concedido

Nº expediente

Entidade

NIF

Contía

LIXEN/2025/15/0001

Puraga-Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega

G27334168

22.000,00 €

LIXEN/2025/27/0001

Asoporcel-Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta

G27243500

22.000,00 €

LIXEN/2025/32/0005

Asovega-Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega

G32267296

22.000,00 €

LIXEN/2025/32/0006

Avimos-Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos

G32278251

22.000,00 €

LIXEN/2025/32/0003

Cachega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Cachena

G32253619

22.000,00 €

LIXEN/2025/32/0002

Caldega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Caldelá

G32253593

22.000,00 €

LIXEN/2025/32/0007

Capriga-Asociación de Criadores da Raza Cabra Galega

G32413668

22.000,00 €

LIXEN/2025/32/0004

Frieirega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Frieiresa

G32253627

22.000,00 €

LIXEN/2025/32/0001

Limiaga-Asociación de Criadores da Raza Bovina Limiá

G32253585

22.000,00 €

LIXEN/2025/32/0008

Vianega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Vianesa

G32253601

22.000,00 €