De conformidade co establecido no artigo 15 da Orde do 29 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para o control de rendemento leiteiro ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, e se convocan para o ano 2025 e de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación das axudas publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as subvencións para o control de rendemento leiteiro ás entidades oficialmente recoñecidas para o control leiteiro en Galicia, convocadas para o ano 2025, ás entidades solicitantes que se relacionan no anexo I.
Segundo. Informar dos seguintes aspectos:
1. Norma reguladora da convocatoria: Orde do 29 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para o control de rendemento leiteiro ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR270B).
2. Aplicación orzamentaria: 15.04.713C.781.1 e crédito orzamentario: 1.000.000 €.
A dotación orzamentaria da orde de que derivan estas axudas procede dos orzamentos xerais do Estado (455.149 euros) e dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia (544.851 euros).
3. Obxecto: esta orde ten por obxecto desenvolver, en réxime de concorrencia competitiva, as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería do Medio Rural, destinadas ás entidades oficialmente recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia para o control de rendemento leiteiro.
4. Destinatarios: as entidades oficialmente recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia como terceiros para a realización do control leiteiro oficial, ao abeiro do Real decreto 663/2023, do 18 de xullo.
5. Recursos: contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Tamén se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO I
Entidades beneficiarias e importe concedido
|
Nº expediente |
Entidade |
NIF |
Contía |
|
CLO_2025_01 |
Africor Coruña |
G15361413 |
439.600,00 € |
|
CLO_2025_02 |
Africor Lugo |
G27155688 |
472.500,00 € |
|
CLO_2025_03 |
Africor Pontevedra |
G36170264 |
87.900,00 € |
