DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2025 Páx. 19271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2025 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Sinde II.

Antecedentes:

1. O día 13 de marzo de 2025, Antonio Fernández Muñiz solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Sinde II.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. A competencia para ditar esta resolución corresponde ao conselleiro do Mar, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

En virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias, delégase a competencia de resolver nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.

2. O procedemento tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa do seguinte viveiro:

Tipo: batea.

Nome: Sinde II.

Situación:

Cuadrícula nº: 117.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 14.6.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Antonio Fernández Muñiz (***6618**), José Manuel Fernández Muñiz (***5784**), María del Mar Dieste Pereira (***5820**) e Ana Isabel Blanco Reboiras (***5933**).

Novo titular: José Manuel Fernández Muñiz (***5784**) (100 % privativo).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante da liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (carta de pagamento ou comprobante da súa presentación).

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de resolución ditada pola persoa titular da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da transmisión en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 21 de marzo de 2025

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A directora territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 13.5.2024)
María Paz Sánchez Díaz
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica