DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2025 Páx. 19257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/30-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA entre o apoio núm. 18 e o CS Santa Cruz 32CP39, na Casa do Concello de Ourense, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresarán, mediante transferencia, o importe do prezo xusto e os xuros correspondentes.

Ourense, 14 de marzo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/30-3.

Instalación: Regulamentación LMTA entre o apoio núm. 18 e o CS Santa Cruz 32CP39.

Concello: Ourense.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio

núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Ramirás

5487017NG8858N0001GH

Descoñecido

Titular descoñecido

Casa do Concello de Ourense

13.5.2025

12.35

2

Ramirás

5487019NG8858N0001PH

Descoñecido

Titular descoñecido

Casa do Concello de Ourense

13.5.2025

12.40

3

Ramirás

5487026NG8858N0001MH

Descoñecido

Titular descoñecido

Casa do Concello de Ourense

13.5.2025

12.45

5

Cirro

4788801NG8848N0001DS

Marcial Nóvoa Fernández

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Ourense

13.5.2025

12.30