Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 17 de marzo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/113-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803.
Concello: Meaño.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prezo xusto |
|
2 |
36027A008000440000MJ |
Descoñecido |
2025/54/114 |
|
3 |
36027A008000430000MI |
Descoñecido |
2025/54/115 |
|
4 |
36027A008000410000MD |
Descoñecido |
2025/54/116 |
|
5 |
36027A008000390000MX |
Descoñecido |
2025/54/117 |
|
6 |
36027A008000420000MX |
Descoñecido |
2025/54/118 |
|
7 |
36027A008000380000MD |
Descoñecido |
2025/54/119 |
|
8 |
36027A008000330000MF |
Descoñecido |
2025/54/120 |
