Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e requirimento da folla de valoración, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Casal, no concello de Paderne (expediente IN407A 2023/167-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A copia da acta e do depósito previo están ao dispor das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 23 78), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión dos devanditos documentos ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 17 de marzo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data da ocupación |
|
1 |
15065B501000360000PT |
Ángela Rey Lorenzo |
3.4.2025 |
|
2 |
15065A503000290000HX |
José María Pico Maceira Basilia Pico Maceira Hdros. de Mª Francisca Pico Maceira Manuel Pico Maceira Hdros. de Manuela Pico Maceira |
3.4.2025 |
