DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2025 Páx. 19267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución dos apoios A53VALLG e A533L8JA na LMT RED712.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios A53VALLG e A533L8JA na LMT RED712, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

A persoa interesada poderá presentar, no prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concrete o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 18 de marzo de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/426-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución dos apoios A53VALLG e A533L8JA na LMT RED712.

Concello: Mos.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

36033A011000460000SS

Descoñecido