De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro) pola que se dispón a publicación do Regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.
Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 7 da dita resolución, UGT-Galicia acordou o nomeamento dun membro titular do Pleno do Consello de Relacións Laborais.
Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación de UGT-Galicia, a Cristina Calvo Espasandín en substitución de Mar Martín González.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
