DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2025 Páx. 19174

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 20 de marzo de 2025 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 7 da dita resolución, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou o nomeamento dun membro titular e dun membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear como membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Luis Abelleira Mayor en substitución de Luis Lamas Novo.

Artigo 2

Nomear como membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Guadalupe Hervera Iglesias en substitución de Luis Abelleira Mayor.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2025

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración