A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 20 de xaneiro de 2024, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística por obras realizadas en solo rústico, expediente PO-0536-2024.
Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo aos interesados como herdeiros da persoa con documento nacional de identidade número 76840837E, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.
Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
