DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2025 Páx. 19276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Lourenzá (expediente DH.W27.103004).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Concepción Oural Rivas.

DNI: ***6759**.

Expediente: DH.W27.103004.

Lugar: Lavandeira.

Parroquia: San Xurxo de Lourenzá.

Concello: Lourenzá.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten na adaptación dun peche existente de bloques de formigón para cumprir coas ordenanzas municipais, na parcela con referencia catastral 27027C004007650000DT, na zona de policía do rego de Requeixas.

A memoria valorada pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 27 de febreiro de 2025

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña