DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2025 Páx. 19302

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Por imposibilidade de notificación do seguinte acordo do concelleiro delegado de Medio Ambiente do 6 de marzo de 2025 e ao non resultar posible a súa práctica efectiva por descoñecerse os titulares, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, notifícase mediante a publicación no BOE, DOG e taboleiro de anuncios do concello o seguinte:

– Acto que se notifica: acordo de incoación de expediente de orde de eliminación de malezas e arboredo nuns terreos sitos en Paxariña-Alxén (polígono 97, parcelas 26, 28, 29 e 42).

– Propietario: descoñecido.

– Parcela catastral: polígono 97, parcelas 26, 28, 29 e 42.

Requírense os propietarios para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, procedan á xestión da biomasa na parcela indicada, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, reiterables ata acadar a execución do ordenado. Todo isto, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

O texto íntegro do documento e resto de trámites do expediente poderán ser consultados, por comparecencia do interesado, no Departamento da Secretaría do Concello de Salvaterra de Miño para o seu coñecemento.

Salvaterra de Miño, 6 de marzo de 2025

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa