Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 85/2025, do 26 de febreiro, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa da parcela non incorporada á Xunta de Compensación do sector de solo urbanizable S-04.
De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Tordoia, das 10.00 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación de alegacións que se coiden oportunas.
Tordoia, 6 de marzo de 2025
Eduardo Antonio Pereiro Liñares
Alcalde
