Adoptado Acordo polo Consello da Xunta de Galicia do 20 de xaneiro de 2025,
RESOLVO:
«Primeiro. Autorizar a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade de Ourense, na frecuencia 98,8 MHz, da cal é titular Radio Miño, S.A., a favor de Uniprex, S.A.U.
Segundo. Autorizar a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade do Carballiño, na frecuencia 97,9 MHz, da cal é titular Radio Miño, S.A., a favor de Uniprex, S.A.U.».
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025
Pedro Francisco Rojo Otero
Secretario xeral de Medios
