DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2025 Páx. 19475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 13 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 32046/0005/24-R e un máis).

Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda das solicitudes, ditados nos procedementos no último enderezo coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles a través deste anuncio os ditos requirimentos ás persoas citadas no anexo, que se emprazan para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o contido íntegro dos referidos actos. Transcorrido o dito prazo, de non facelo, darase por efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen ter realizado a emenda, se considerarán desistidos da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos nos artigos 21 e 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 13 de marzo de 2025

Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

32046/0005/24-R

X4724917G

Requirimento de emenda da solicitude

23.12.2024

32087/0006/24-R

Y6956435F

Requirimento de emenda da solicitude

29.1.2025