DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2025 Páx. 19428

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR605C).

BDNS (Identif.): 811860.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/811857

Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

Primeiro. Modificación de prazo

Modifícase o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 13.1 da Orde do 30 de decembro de 2024 nun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Esta modificación permite que as persoas que xa formularon solicitude no prazo transcorrido ata a modificación desta orde poidan manter ou modificar a solicitude ou que aquelas persoas que non formulasen solicitude con anterioridade poidan formulala tendo en conta as novas condicións.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural