En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que, mediante a Resolución do 6 de marzo de 2025, se outorga unha concesión de actividade para a instalación do establecemento de acuicultura en zona terrestre que se describe:
Titular da concesión de actividade: Clúster da Acuicultura (G36884260).
Prazo de outorgamento: dez (10) anos, prorrogables por iguais períodos, ata un máximo de cincuenta (50) anos.
Tipo de establecemento: criadeiro e granxa.
Localización: Punta Couso, Aguiño, concello de Ribeira (A Coruña).
Especies autorizadas: moluscos bivalvos, peixes e outros invertebrados.
Actividade de cultivo: con fins de investigación.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025
Patricia García Sánchez
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
