En sesión que tivo lugar o 19 de marzo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 24 de febreiro de 2025 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), escala superior de finanzas (DOG núm. 39, do 26 de febreiro de 2025), convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.4.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 2 de abril de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2, 5-6, 7 e 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025
Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal
