DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2025 Páx. 19467

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 16 de setembro de 2024 (DOG núm. 182, do 20 de setembro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de

Galicia, subgrupo A1, escala de letrados

Tribunal titular:

Presidencia:

– Beatriz Allegue Requeijo, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Secretaría:

– Agustín Pigni Giraudo, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Vogais:

– María Dolores Rivera Frade, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

– Luis Míguez Macho, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

– Juan José Rodríguez Díaz, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Guillermo Folgueral Madrigal, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Secretaría:

– Isabel María Díaz Cuenca, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Vogais:

– José Gómez Rey, maxistrado da Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela.

– José Manuel Busto Lago, catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña.

– María Isabel Rossell López, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas.