DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2025 Páx. 19469

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 9 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 116, do 17 de xuño), pola que se fai pública a relación dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que o superaron.

Na sesión que tivo lugar o día 25 de marzo de 2025, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 9 de xuño de 2022 (DOG núm. 116, do 17 de xuño), de conformidade co disposto na base II.1.2.11 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 29 de outubro de 2025 (DOG núm. 212, do 4 de novembro), este tribunal acordou elevar ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para a aprobación da proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas que figuraban nela.

Con data do 25 de febreiro de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requiriulle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a persoa proposta co número 30, Daniel Rey Vidal, presentou a súa renuncia e, polo tanto, perdeu o seu dereito a adquirir a condición de persoal funcionario de carreira no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

De conformidade coa base II.1.2.11 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas que superaron o proceso selectivo antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano que convoca poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo establecida pola Resolución do 29 de outubro de 2025 (DOG núm. 212, do 4 de novembro), e facer pública, como anexo a esta resolución, a relación que inclúe unha nova persoa aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupa a posición que se reflicte no anexo na orde de persoas aspirantes propostas para o seu nomeamento como funcionarios de carreira, e renumerar a orde a partir do posto número 30.

Segundo. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, estas persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta relación complementaria á titular da Dirección Xeral da Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal

ANEXO

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Nota 1º exercicio

Nota 2º exercicio

Nota 3º exercicio

Total

88

***4910**

Rodríguez Frois, Roi

Libre

33,69

30,92

Exento

64,61