DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2025 Páx. 19483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de marzo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2024/44-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de novo CT, novo tramo de LSMT e reordenación da LBT procedente do CT 15CPW6, no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2024/44-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 19 de marzo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/44-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de novo CT, novo tramo de LSMT e reordenación da LBT procedente do CT 15CPW6.

Concello: Valdoviño.

Núm. predio

Concello

Paraje

Datos catastrais

Titular

Data

Hora

1

Valdoviño

Redondo

15088A046013380000HY

Descoñecido

30.5.2025

10.45