DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2025 Páx. 19481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 21 de marzo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do proxecto de rehabilitación, peche e abandono da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Pedra Facha, número 73, situada no concello de Val do Dubra (A Coruña), promovido pola sociedade Francisco Gómez y Cía, S.L.

No Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro de 2025, publicouse o Acordo do 30 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do proxecto de rehabilitación, peche e abandono da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Pedra Facha, número 73, situada no concello de Val do Dubra, promovido pola sociedade Francisco Gómez y Cía, S.L.

No Diario Oficial de Galicia número 47, do 10 de marzo de 2025, publicouse o Anuncio do 28 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de emenda do acceso á documentación incluída no Acordo do 30 de decembro de 2024 polo que se somete a información pública a actualización do proxecto de rehabilitación, peche e abandono da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Pedra Facha, número 73, situada no concello de Val do Dubra (A Coruña), promovido pola sociedade Francisco Gómez y Cía, S.L.

Por petición da promotora, ao abeiro do artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), este departamento territorial

ACORDA:

Someter novamente a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de rehabilitación, peche e abandono da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Pedra Facha, número 73, situada no concello de Val do Dubra, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Francisco Gómez y Cía, S.L., con domicilio social no lugar A Mina, s/n, Touro (A Coruña).

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto, poderán examinalo nas dependencias da Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13; así como no portal da dita consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras e formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido este novo período de información pública proseguirase coa tramitación do dito proxecto cuxa autorización compete á Consellería de Economía e Industria, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

Este acordo non afecta a validez e eficacia das alegacións presentadas durante os anteriores períodos de información pública, que serán igualmente tidas en conta na tramitación correspondente ao proxecto de referencia.

A Coruña, 21 de marzo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña