DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2025 Páx. 19861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños número 121 e 121-D.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da directora territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 28 de febreiro de 2025, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen

– Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 121 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 40,85 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 121-D dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 71,56 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actual titular: Beatriz Montes Ares (***7731**).

Nova titular: Rosa María Espiñeira Piñón (***5356**).

A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 4 de marzo de 2025

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo