DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2025 Páx. 19863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2025 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia, do contrato administrativo de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de construción de rede de saneamento e estación depuradora de augas residuais para os lugares da Devesa, A Silva, Berrimes, Quintáns e Costa, Lousame, obra con referencia de expediente AUG-2024-0018 (expediente AUG-2024-0050).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo III do Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2115, dáse publicidade da actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES111 Lousame (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de construción de rede de saneamento e estación depuradora de augas residuais para os lugares da Devesa, A Silva, Berrimes, Quintáns e Costa, Lousame (A Coruña), obra con referencia de expediente AUG-2024-0018. Referencia de expediente AUG-2024-0050.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación. Importe neto: 20.679,00 euros. Importe total: 25.021,59 euros.

8. Valor estimado do contrato: 27.272,07 euros. Inclúe o orzamento de licitación (20.679,00 euros) e a/s prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (6.593,07 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 9 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 3 meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (15), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (15), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (12), medidas para o impulso demográfico (10) e sistema de seguimento da programación da obra (7).

11. Data da adxudicación do contrato: 27 de decembro de 2024.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 7.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 6.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 20 de xaneiro de 2025.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: TPF Getinsa Euroestudios, S.L.

14.2. NIF: B84840685.

14.3. Enderezo: polígono Pocomaco, avda. Quinta D-4, portal 17, 2ª planta, porta 1, 15190 A Coruña.

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: ofertas@tpfingenieria.com

14.6. Fax: 914 18 21 12.

14.7. Teléfono: 661 33 05 37.

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada. Importe neto: 17.060,18 euros. Importe total: 20.642,82 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia.

A actuación encádrase dentro do PEPAC na Intervención 6872_ Investimentos non produtivos en servizos básicos en zonas rurais, e subintervención 68720_05_ Augas. Abastecemento e saneamento.

17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación, de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non proceden.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

– Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 26 de abril de 2024.

– Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 31 de decembro de 2024.

– Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 26 de xaneiro de 2025.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG número 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia