En cumprimento do previsto nos artigos 163 e 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a extinción da concesión de augas outorgada pola Resolución de Augas de Galicia do 18.1.2002, coas seguintes características:
Titular: Comunidade de Usuarios de Vilar e outros.
NIF: ***8210**.
Expediente: DH.A15.12085.
Volume total anual: 15.768 m3/ano.
Caudal: 0,5 l/s.
Orixe: manancial nas coordenadas x= 586.100 y=4.787.100.
Destino: doméstico e gandeiro.
Lugar: Montes de Buño (Monte Coto).
Parroquia: Santa María de Lagostelle (Santa Mariña).
Concello: límite entre os concellos de Aranga e Guitiriz.
Asemade, a mesma solicitante está a tramitar unha nova concesión de augas, coas seguintes características:
Expediente: DH.A15.103730.
Volume total anual: 13.977 m3/ano.
Caudal instantáneo: 0,5 l/s.
Orixe: manancial nas coordenadas x= 586.148, y= 4.786.900.
Destino: doméstico e gandeiro.
Lugar: Serra Montouto.
Parroquia: Santa María de Lagostelle (Santa Mariña).
Concello: límite entre os concellos de Aranga e Guitiriz.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento realízase na parcela con referencia catastral 27022A152009660000FA mediante unha arqueta de formigón, e as augas condúcense por unha tubaxe de PE ø 63 mm de 110 m pola mesma parcela ata chegar a un depósito de 48 m3 situado na parcela contigua 15003A041000280000WS. Desde este punto divídese a auga por dúas tubaxes de PE ø 63 mm ata dous depósitos repartidores, un na parcela 15003A049000860000WO e outro na parcela 15003A50100030000OQ, desde onde parten tubaxes de PE ø 40 mm ata as vivendas dos usuarios da comunidade.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, piso 9º, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 13 de febreiro de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
