Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CTI, RBT Seixas e ampliacion potencia CT Piñeiros (15ATY0), no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2023/301-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 20 de marzo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/301-1.
Solicitante UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CTI, RBT Seixas e ampliación potencia CT Piñeiros (15ATY0).
Concello: Malpica de Bergantiños.
|
Núm. predio |
Concello |
Lugar |
Datos catastrais |
Titular |
Data |
Hora |
|
1 |
Malpica de Bergantiños |
Chousa da Costa |
15044A015012610000ET |
Descoñecido |
3.6.2025 |
10.30 |
|
2 |
Malpica de Bergantiños |
Costa |
15044A015000800000EJ |
Descoñecido |
3.6.2025 |
10.30 |
|
3 |
Malpica de Bergantiños |
Agro Rouco |
15044A015000370000EK |
Descoñecido |
3.6.2025 |
10.30 |
