Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de apoios C-1000/14 na LMTA SAL804 O Pazo, no concello das Neves, que figuran no anexo.
As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 18 de marzo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/119-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Instalación de apoios C-1000/14 na LMTA SAL804 O Pazo.
Concello: As Neves.
|
Predio |
Referencia catastral |
Persoa titular |
Data da ocupación |
Depósito previo |
|
1 |
36034A024001890000HI |
Descoñecida |
17 de abril de 2025 |
2025/54/122 |
