DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2025 Páx. 19856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se somete a información pública a aprobación inicial do Plan básico municipal do Concello de Negueira de Muñiz (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 63 e 64 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que desenvolve a dita lei, os plans básicos municipais son os instrumentos de planeamento urbanístico que se redactarán en desenvolvemento do Plan básico autonómico para os concellos de menos de 5.000 habitantes que non conten cun instrumento de planeamento xeral, e cuxa formulación, tramitación e aprobación corresponde á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Atendendo a este mandato normativo, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acordou, mediante a Resolución do 18 de marzo de 2025, aprobar inicialmente o Plan básico municipal do Concello de Negueira de Muñiz e sometelo a información pública.

O acordo de aprobación inicial non determina a suspensión do outorgamento de licenzas prevista no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, por canto non existe ningún ámbito en que a nova ordenación do PBM poida alterar a ordenación vixente en relación cos parámetros de ordenación aplicables.

En cumprimento do disposto nos artigos 64.3 da Lei 2/2016, do 10 febreiro, e 156.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública o Plan básico municipal do Concello de Negueira de Muñiz, polo prazo de dous meses contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento en horario de oficina, nas seguintes dependencias:

– Servizo Provincial de Urbanismo do Departamento Territorial de Lugo (avenida Ramón Ferreiro, núm. 28, 27071 Lugo, Tlf. 982 29 48 82).

– Concello de Negueira de Muñiz (praza do Concello, s/n, 27113 Negueira de Muñiz, Lugo. Tlf. 982 35 33 03).

Así mesmo, poderá consultarse o documento a través do seguinte enderezo electrónico:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/urbanismo-territorio

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá achegar alegacións no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou en calquera dos rexistros e oficinas sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Urbanismo