De acordo coa Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regulan a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, publicada o día 31 de outubro de 2018 no Diario Oficial de Galicia,
ACÓRDASE:
Primeiro. Anunciar a incorporación da Asociación Española de Miocardiopatía Hipertrófica (AEMCH) ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Vigo.
Vigo, 22 de marzo de 2025
Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo
