BDNS (Identif.): 822893.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/822893
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumando que está matriculado en estudos de grao e máster en titulacións do Campus Auga de Ourense no curso 2024/25.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é potenciar a empregabilidade do estudantado das titulacións do Campus Auga, a través das prácticas remuneradas en empresas.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 25 de marzo de 2025 pola que se convocan bolsas para a realización de prácticas académicas externas do estudantado das titulacións do Campus Auga para o curso 2024/25.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de catorce mil euros (14.000 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 26 de marzo ata o 23 de abril de 2025.
Vigo, 25 de marzo de 2025
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Francisco Javier Rodríguez Rajo
Vicerreitor do Campus de Ourense
