DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2025 Páx. 20063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, de requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Paradela (expediente IN407A 2022/37).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase ás persoas interesadas o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación Regulamentación LMTA SAR804 entre apoios nº D155 e D158, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 21 de marzo de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/37.

Denominación: Regulamentación LMTA SAR804 entre apoios nº D155 e D158.

Requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Paradela.

Predio

Políg.

Parc.

Propietario

Lugar

Cultivo

Apoio nº

Apoio superficie ocupada (m2)

Voo (lonx.)

Voo

(sup m²)

1

17

1107

Jaime Fernández Ojea

Vieiros

Monte baixo

D155

2.0

5

75