DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2025 Páx. 20061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada nos concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2023/31-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica Peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825, nas casas dos concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 21 de marzo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2023/31-3.

Instalación: peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825.

Concellos: A Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

3

Cortiña

32053A018007460000IU

Manuel Vilanova Marica

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Nogueira de Ramuín

26.5.2025

11.45

5

Sequeiro

32053A018007490000IA

Manuel Pereira Rodríguez

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Nogueira de Ramuín

26.5.2025

11.50

8

Bodega

32060A068007280000QP

Antonio Fernández Rodríguez

Enderezo descoñecido

Casa do Concello da Peroxa

27.5.2025

12.55

11

A Bodega

32060A068002600000QO

María del Carmen Rodríguez Fernández

Enderezo descoñecido

Casa do Concello da Peroxa

27.5.2025

13.00

14

Forniño

32060A068002640000QX

Emilia Iglesias Moure

Notificación infrutuosa

Casa do Concello da Peroxa

27.5.2025

12.50

23

Monte da Mariña

32060A069000390000QM

Antonio Taboada Fernández

Enderezo descoñecido

Casa do Concello da Peroxa

27.5.2025

13.05

31

Monte Bouzo

32060A069003080000QZ

Descoñecido

Titular descoñecido

Casa do Concello da Peroxa

27.5.2025

13.10

35

Monte Bouza

32060A069003040000QI

Ana Fernández Iglesias

Notificación infrutuosa

Casa do Concello da Peroxa

27.5.2025

12.30

36

Granxa

32059A007003530000OX

Josefa Pérez

Enderezo descoñecido

Casa do Concello do Pereiro de Aguiar

26.5.2025

12.30