DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2025 Páx. 20308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de marzo de 2025, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de mellora de accesibilidade e conectividade das paraxes de autobús situadas na RAEG na zona sur da ATM de Santiago, AC/22/053.06, Padrón, Santiago e Teo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou por ser descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselle ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de mellora de accesibilidade e conectividade das paraxes de autobús situadas na RAEG na zona sur da ATM de Santiago de Compostela, clave AC/22/053.06, nos concellos de Padrón, Santiago e Teo.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 21 de marzo de 2025

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave da obra

Concello

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

AC/22/053.06

Santiago

9

2020406NH4422A0001YI

Hros. de Cesáreo Torres Devesa

AC/22/053.06

Padrón

3

15066B505002570000FQ

Descoñecido/a

AC/22/053.06

Padrón

4

15066B505002560000FG

Descoñecido/a

AC/22/053.06

Teo

23

15083A063000750000LA

Renault Santiago

AC/22/053.06

Teo

24

000301300NH33H0000DZ

Daniel Iglesias Vázquez

AC/22/053.06

Teo

25

7083508NH3388S

Comunidade de Propietarios (Edificio Travesía de Cacheiras nº 15,19, 21)

AC/22/053.06

Teo

40

15083A506003310000KQ

Hros. de Luisa Alfonso Devesa