DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2025 Páx. 20310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 21 de marzo de 2025, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia de Lugo que se relacionan no anexo a baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lles notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 21 de marzo de 2025

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Signatura

Denominación

Titular

Enderezo

Localidade

V-LU-006908

A Garita

Juan Carlos Vaquerizo Camacho

A Garita, 7

Ourol

R-LU-001409

Mesón A Garita

Juan Carlos Vaquerizo Camacho

A Garita, 7

Ourol

V-LU-006509

Manoli

Manuel Míguez López

Rúa Rosalía de Castro, estrada N.VI

As Nogais

V-LU-005196

Casa do Mar

José Ángel Méndez Pérez

Avenida da Mariña, Casa do Mar

Cervo

V-LU-007016

O Cantiño

Eme Lugo, C.B.

Praza do Cantiño, 5, baixo

Lugo

R-LU-001448

Cunca do Cantiño

Eme Lugo, C.B.

Praza do Cantiño, 5, baixo

Lugo

V-LU-003172

Buxan

Mª Jesús Loures Veiga

Rúa Santo Grial, 113

Lugo