DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2025 Páx. 20274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se deixa sen efecto a publicación no Diario Oficial de Galicia número 59, do 26 de marzo de 2025, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente 2023/374 ATE).

No Diario Oficial de Galicia número 53, do 18 de marzo de 2025, publicouse o Acordo do 25 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Quiroga.

Ao duplicarse a publicación do citado acordo no Diario Oficial de Galicia número 59, do 26 de marzo de 2025, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Deixar sen efecto a publicación do Diario Oficial de Galicia número 59, do 26 de marzo de 2025, do Acordo polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente 2023/374 ATE).

Lugo, 27 de marzo de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo